top of page

CONCURSO DE PROXECTO

E CONSTRUCCIÓN

DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES

EN CANGAS DO MORRAZO

(PONTEVEDRA)

Xosé Vázquez Pintor

Escritor

PRÓLOGO

 

Uns dos espacios preferentes dos Cangueses é a alameda Vella, lugar de cita, de conversa, de paseo, de salutación. Aqui existen os referentes mais antigos da nosa Vila: o mar próximo aloumilando as casas ou entrando cos embates, cando era a invernia, ata as portas das tabernas. E sempre o Barco: a Gamela e a Dorna, cosa sua presencia, convidando a viaxe real ou da memoria. Neste contexto de mar e terra inseparables naceron as edificacións aínda hoxe emblemáticas : os patins, a Casa da Bola, a Plaza de Abastos. Desgraciadamente, a mal chamada modernidade foi permitindo que as antiguas casas mariñeiras cederan os espacios a edificacións alleas a esta gracia para a vista. Pero quedan felizmente, a casa da Bola, algunas casas e a plaza de Abastos. Falta para o triángulo recuperar, de xeito definitivo, o peirao, alzado nun edificio simbólico do abrazo do home co seu mar, a Gaivota e o Velame. E por eso que soñei neste Proxecto integrador, coa esperanza de vérmonos todos os Cangueses aqui representados: esa Nave que avanza en terra, desde o muelle da Guapa, cara o progreso da Nova Estación viaxeira do MAR e da TERRA.

EPÍLOGO

 

A concepción pois deste proxecto ten o referente histórico da nosa Vila. A comunión de barco (simbólico no edificio) co mar, as gaivotas e as velas iniciando o vó cara as alturas que nos corresponden: A restauración, conservación e o orgullo polo noso entorno  que conforma a biografía dos habitantes perpetuos da beiramar Atlántica, lugar que de algún xeito, nos singulariza.

Xosé Vázquez Pintor

bottom of page