top of page

A Humanización do Peirao de Cangas

Xestión e Proxecto

 

Xosé Vázquez Pintor

Escritor

​​

 

"NOVE OLAS"

 

CANGAS VAI CONSIGO AVANTE,

COMA NUN PERIQUETE DO TEMPO

 

“A Cuncha da Ribeira” xa é de seu unha ledicia de espazo feliz e familiar para cando os anos mailos séculos decidan a renuncia, que endexamáis será posíbel. Velaí o respecto e o cariño polas idas mailas voltas de venturas: avante a Luz na noite e o fulgor dos sempre días. Eran, son as sendistancias familiares da Terramar de noso, que ulisca o mar de Cangas  e navegan ambos a prol dos circuítos da memoria en pé, onde serán os séculos en futuros.

As horas dos pasares tralos días e as noites son en Cangas o soño do Silencio: esa “bocarribeira” que endexamáis terá postigos e valados. A voz das luces e dos tempos son así felices de por fóra; e canto máis aló por dentro do silencio: esa maré dos soños, que acordamos todas e todos nun tempo sen espera, a prol da Vida e do Progreso. Nivelar os espazos. A fermosa plenitude do Casco Vello . O velame e as gaivotas. Paseniño soñara e fíxose o Recheo. A Praia. Os adecentamento dos barcos. O Recreo. A Voz dos Símbolos, aló e acó nas sendistancias e fulgores do Noso Tempo. A Casa da Bola. A Praza de Abastos. A recalada de “A Guapa”; e de axiña cara adiante “A Ribeira”: vinteún anos de proxecto novo.

E velaquí  como recuperar a humanización do “Peirao”¸ “As Pontes”, “A Infancia”, esa recuperación do Tempo que non cesa. O Mar da Casa: a humanización. A liberación dos coches; ese agarimo do silencio a prol das nosas vidas de recreo e de  servicio. Velaí  o noso mundo da infancia a prol da Vida e o sorriso. Elas / Eles, en luz de avantes e servicios  para a infancia, a xuventude, adultas/os; ese camiño da memoria a prol da sabiduría da “Terceira Idade”, sen atrancos. Tal é a voz e a folrza deste atruruxo feliz, ben merecente de sermos as Voces do Común e da Ledicia a prol da Vida que nos cumpre e Ama. Tanto e máis Felices de por Sempre.

Xosé Vázquez Pintor

Cangas, Setembro 2017

bottom of page