top of page

“NOVE OLAS”

XESTIÓN E PROXECTO

A HUMANIZACIÓN DO PEIRAO

UN PROXECTO DE FUTURO

 

PRÓLOGO DO AUTOR

LEMBRANZAS DA MEMORIA

A miña Nai Pilar,

Á miña Tía Isabel,

Á miña Filla Pilar Isabel

                                                                      

De neno, e os nenos coma min do Casco Vello de Cangas, aló polos anos 50/60, non tiñamos a presión actual dos automobeis nin do tráfico, en consecuencia tiñamos espazo dabondo para xogar con liberdade, nas rúas do Casco Vello, no Adro da Igrexa, no “Relleno”, no “Aterrado”, no “Muelliño”, na “Ribeira”, no “Muelle  da Guapa”,  o “Muelle Vello”, nas “Pontes do Forte”, nos eirados do “Costal” e do “Señal”, e nun longo etc., múltiples  espazos de xogo que, tristemente, a chamada  modernidade foi tratando de conquerir, a prol dos automobeis e en contra dos nenos, veciñas-os; espazos que a pesar do crecemento de superficie gañada ao mar,  estes  fóronse reducindo.

 

Tristemente, estes espazos “A Beira do Noso Mar”, aínda que, daquela, moito máis pequenos cós  da actualidade, eran suficientes e moitísimo maiores cós de hoxe en dia, proporcionalmente falando, e debido á que as necesidades sociais fóronse agrandando,  tamén os espazos; velaquí esa magnitude de superficie que foise gañando ao mar; na reportaxe deste “Dossier”, “Historia en Imaxes”, así o evidencian, precisamente, aínda que, contrario ao corazón de moitas-os Canguesas-es que lembran aínda, cando o Mar, case chegaba ás edificacións.

 

Mais era necesario dar resposta ás necesidades poboacionais e veciñais, de mellorar un sistema viario e de aparcamento dese crecemento poboacional, eses espazos foron ocupados por algo en contra da poboación, os coches, quedando con moi pouco espazo para “O LECER, espazos totalmente desordenados, cheos de barreiras e obstáculos.

 

Esta Presión, provocou, ao gañarlle ao mar mais de 60.000 m2, que simplemente foron ocupados case todos eles polo sistema viario e de aparcamento de coches, salvo algúns, como os “Xardíns do Señal”; pois dende a gasolineira ata a Praza de Abastos, a maior superficie está ocupada en aparcamento e zona viaria e terrazas ao servicio da hosteleria; e desde a Praza de Abastos ata o Concello por Xardíns de Paseo, mais simplemente de paseo, porque espazos libres e abertos de XOGO PARA OS NENOS, un pouquiño, pois éstes atópanse hacinados nun minúsculo Parque Infantil, con moito Xardín, pero non pisable, isto e unha evidencia.

 

Por eso naceu, hai vinteún anos, o proxecto “NOVE OLAS”, que xa daquela tiña esta inquedanza; tanto é asi, que a idea propúxenlla ao Alcalde daquel tempo, D. Euloxio López, e pareceulle fantástica, marabillosa, liberar espazo en superficie á prol da cidadanía, mais o equipo de Goberno e outras razóns que non veñen ao caso, decidiron sacalo a “Concurso de Ideas”, que, como era evidente, presentámonos co correspondente proxecto, redactado por xente da comarca do Morrazo, que, de maneira totalmente desinteresada, colaborou comigo - agradecemento a  Pepe Carballo, Óscar Rodríguez, Gabri “infografías”, Aureliano “Estudio de Viabilidade Económica”, etc - . en especial a este grande escritor Galego, Universal, sensible, tierno, romántico, Cangues de Corazón, Xose Vázquez Pintor, e sobre todo ao meu amigo Teo, compadre e compañeiro de soños: un Grande da Arquitectura, que xa eles habían colaborado comigo no proxecto “GAVOTA”. Daquela,  eu tiña o “Estudio” na Rúa Real nº 23, cheo de xente, de amigos, colaborando desinteresadamente por unha ilusión, unha inquedanza, un soño, pero moi necesario naquel tempo para Cangas, e hoxe aínda moito mais.

 

Xa daquela, pensaba en soterrar o sistema viario, pero as necesidades de prazas de aparcadoiro, para facer viable economicamente o Proxecto, houbo que manter a circulación en superficie. Dese proxecto saíu o eixo viario dende o “Muelle da Guapa”, ata o lugar que ocupaba a “Antiga Capela do Hospital”, algo quedou daquel Concurso; do cal,  sentímonos e síntome, en particular, moi satisfeito. Daquela tamén xa tiña pensado nun Auditorio-Anfiteatro ao Aire Libre, dada a carencia do mesmo en Cangas, que por motivos puramente económicos, houbo que prescindir de grafialo no proxecto, pero os as ideas na memoria e nos borradores, sempre quedan.

 

 

Este esforzo foi compensado co “Segundo Premio Concello de Cangas”, cando sabía, que, ao coñecer o primeiro, o proxecto gañador non era viable economicamente, pola carestía que supoñía precisamente o de construír o aparcadoiro en dous sotos, e con un número de prazas ben pequeno, que o facía totalmente inviable economicamente a súa construción é financiamento, etc., e o noso proxecto ao non conquerir o primeiro premio non tiven a forza moral para continuar con esta idea. E así pasaron 21 anos, que confirman a miña predición, pois non chegou a executarse este proxecto, quedando neso nun simple e agradable recoñecemento co 2º premio. Esto é evidente tralos 21 anos, aínda que o ámbito era soamente no aterrado, cando o proxecto “NOVE OLAS DE HOXE” e moitísimo mais ambicioso

 

Aínda que  era un proxecto de Concurso de Ideas, presentouse, como documento imprescindible no Concurso, un “Estudio Económico de Viabilidade do Proxecto, da súa Construción e o seu finanzamento”,  con participación-inversión económica veciñal (moradores do Casco Vello e veciños de Cangas), que, tristemente, non foi valorado, cando, o meu modesto entender, era e é un dos documentos mais importantes do Concurso.

 

E hoxe, 21 anos despois sigo pensando que, para humanizar o “Casco Vello, hai que darlle resposta ás  876 Unidades Urbanas que o compoñen, resposta en espazos de lecer e de servizos, precisamente, para conquerir humanizar as Rúas e Prazas do todo o contorno, e liberar eses espazos ocupados por vehículos, contenedores, etc.  a prol dos nenos, veciñas-os, moradores do Casco Vello, para, en primeiro lugar,  mellorar a súa calidade de vida; en segundo, recuperar a imaxe estética de todo o contorno, aínda moi rico en tipoloxías edificatorias de carácter tradicional, Rueiros, Prazas e Praciñas, Fontes, etc. , e en terceiro lugar recuperar espazos seguros sen trafico para OS NENOS, espazos para xogar, espazos para pasear, camiñar, espazos sen barreiras para os discapacitados, tanto físicos como psíquicos,, espazos para as persoas maiores, Espazos con calidade humana, con calidade ambiental, espazos LIMPOS, para o fomento SOCIAL E ECONOMICO do Noso Casco Vello.

 

“NOVE OLAS”, era o lema daquel proxecto, e vinteún anos despois,  manteño o mesmo titulo do proxecto, como continuación, precisamente, po la súa significación baseada na “Lenda da Virxe da Lanzada”, cando iban as mulleres alí, para saber se conquerían enxendrar, ter un fillo/a. Por iso “NOVE OLAS” e a esperanza, a necesidade espiritual coa máxima pureza, a “Semente do presente”,  e o enxendro do futuro, a fecundación cara un peirao de lecer; motor Social e Económico da Nosa Vila.

 

Vinteún años despois, madurei moito aquel proxecto; moito mais (pequeno, en ámbito comparado con este) e hai dous anos, aproximadamente, está na miña memoria de novo, a desempolvar o recordo do meu arquivo sentimental e real, aquelas láminas que presentei a aquel Concurso, Proxecto hoxe moito máis ambicioso, moitísimo mais, que polo paso do tempo, máis necesario, moito máis necesario; un proxecto de transformación do peirao, da súa humanización, de devolver ÓS NENOS, SEMPRE A ELES, un espazo que lles pertenece, son o noso futuro,  e a vecindade, eses espazos de lecer; por eso, non podemos, nin debemos, priorizar que estes espazos sexan ocupados por máquinas de usar e tirar, Espazos que nos pertencen, espazos que son moi necesarios no mundo alborotado que nos toca vivir, espazos con calidade ambiental e paisaxística, espazos Humanizados, libres, Espazos saudables, nuha palabra espazos ao servizo do home como parte principal da creación da “Pachamama”; nunha palabra: espazos de lecer e desfrutar, e que serán un antes e un despois do peirao, da Nosa Vila. Espazos de futuro, que se convertan en Motor Social e Económico da Nosa Vila, Espazos de RECREO, Espazos do PRESENTE CARA AO NOSO FUTURO.

 

Todo este PENSAMENTO, IDEA, ILUSIÓN, é realizable; é real, sempre e cando as diferentes administracións  públicas, entendan a necesidade deste proxecto para Cangas; e para a súa cidadanía, e aposten en remar na dirección das inquedanzas de todos, como a “Dorna” esa embarcación tradicional: motor da economía, de subsistencia; e colaboren para conquerir este soño, necesario neste presente e con resposta para o futuro. Así o creo

 

 

Un proxecto con interese PÚBLICO E SOCIAL, ao douscentos por cen, a custo CERO EUROS, para a administracións Local, Autonómica e Estatal; custo CERO para a cidadanía, conquerindo a través del, sobradamente os obxectivos que se propoñen, dando resposta as súas  necesidades:

 

1º.- LIBERAR CASE 80/85.000 M2 en superficie para O LECER DOS NENOS, dos maiores, das persoas CON DISCAPACIDADE, dos moradores do Casco Vello, do vecindario de Cangas en xeral,  e dos que nos visitan, unha transformación estética do peirao.

 

2º.-  DAR RESPOSTA Á NECESIDADE DE SERVIZOS e aparcadoiro, para os moradores-residentes do Casco Vello, dando así, resposta as 876 unidades urbanas que o compoñen, case a grande maioría sen aparcadoiro, debido a complexidade das diferentes tipoloxías que o compoñen.

 

3º.- SEPARAR A PEATONALIZACIÓN EN SUPERFICIE, DO TRÁFICO viario, lixeiro, soterrado (turismos e furgonetas); o cal garantiza a liberdade do uso, así como a seguridade das persoas neste GRANDE ESPAZO A VEIRA DO NOSO MAR.

 

4º.-  A CONSTRUCCIÓN DE UN TÚNEL, para o tráfico lixeiro (turismos e furgonetas), de case 900 metros de lonxitude, dende a gasolineira, ata o edificio do Concello, todo este tráfico soterrado, deixando só en superficie o transporte esporádico de autobuses e vehículos con aparcadoiro nas edificacións dos moradores do Casco Vello, accesos os usuarios e servicios do Porto, areas de carga e descarga reguladas, aparcadoiro dabondo para os discapacitados físicos, acceso de protección civil,  bombeiros, recollida do lixo, etc. en superficie. E a construción deste TÚNEL, QUE SE CEDERA GRATUITAMENTE a administración publica Local a custo CERO EUROS.

 

Comparativamente o Concello de Vigo destina 8,63 millóns de euros para a construción dun TUNEL de inferiores dimensións no Centro de Vigo. 210 metros, (vexase noticia de Faro de Vigo de data 17-10-2017, lámina 1.4, deste dossier), e este de cesión gratuita para a administración en réxime de permuta a través dunha  concesión administrativa a 50 anos, necesarios para o seu finanzamento E AMORTIZACION DO COSTO DE CONSTRUCCION, en réxime de explotación do aparcadoiro.

 

5º.- A CREACIÓN EN SUPERFICIE DE UN VIAL de dobre dirección para uso exclusivo dos vehículos das persoas discapacitadas, CREANDO prazas dabondo para estas persoas con discapacidade física e psíquica, así como a previsión de prazas habilitadas para a carga e descarga, regulada a través dunha  Ordenanza Municipal, Protección Civil, Bombeiros, Ambulancias, Recollida do lixo (contenedores hidráulicos dabondo soterrados durante o dia das 8-22 horas, regulado mediante Ordenanza Municipal), parada de taxis, eisi como o paso esporádico de autobuses. con paradas en diferentes puntos do peirao, xa que considero tamén e urxente o traslado da terminal de autobuses para equipala as demandas actuais da cidadanía, eisi como o paso esporádico de vehículos dos moradores- residentes do Casco Vello con garaxe, así como o acceso restrinxido os vehículos autorizados para o Servicio de Porto.

 

6º.- MELLORAR E POTENCIAR O PEQUENO COMERCIO nesta zona en particular, e de Cangas en Xeral, a través deste Espazo Humanizado. Pura Rexeneración Urbana en esencia.

 

7º.- COSTE CERO EUROS de Inversión-Gasto Municipal, Autonómico e Estatal da Xestión,  Proxecto e construción de case 900 metros de TÚNEL,  así como o tratamento de superficie desta área. Coste CERO á humanización da Fronte Marítima e ámbito do TUNEL e Aparcadoiro, así como resolver a DIFÍCIL problemática de augas pluviais e fecais no Peirao.

 

8º.- FINANCIAR A TOTALIDADE do proxecto e construción con investimento de Empresas de Cangas, así como veciños do Casco Vello e veciños de Cangas, que o dexesen; que crean neste proxecto a largo prazo, priorizando o investimento dos propietarios de edificacións no ámbito do Casco Vello, para que deste xeito sexan tamén parte del, respondendo a así, á súa carencia de garaxe na vivenda, baixo o prisma de concesión administrativa por 50 anos.

 

9º.- RESOLVER A PROBLEMÁTICA DE AUGAS PLUVIAIS, na escorrentía da Rúa Real, (mais de 50 anos sen resolver) que, como sabemos,  en días de moita choiva, anega os comercios na contorno da Praza de Abastos, así como reorganizar e resolver a problemática do actual sistema de evacuacion de augas residuais en todo o fronte marítimo, evacuacion Hoxe moi deficitaria, facendo as diferentes conexións a rede xeral con a separación de augas fecais e Pluviais.

10º.- A HUMANIZACIÓN DO PEIRAO DE CANGAS, a construción do TUNEL e construción dun aparcadoiro, que sexa MOTOR SOCIAL e ECONOMICO da Nosa Vila, ao liberar case 80.000/85.000 m2 en superficie, en todo o fronte do Peirao, que será un antes e un despois, a transformación, o regreso ás orixes, a resposta á carencia de espazos de Lecer, de espazos saudábeis, Un ESPAZO que será un REFERENTE na NOSA RIA..

 

Estes DEZ apartados anteriores, son obxectivos a coste CERO EUROS para conquerir construír O TUNEL, e soterrar o tráfico lixeiro, en pro de liberar a superficie ao aire libre PARA O LECER; e auto-financiarse no tempo, financiación, como dixen antes, de empresarios cangueses, e de veciños de Cangas, baixo o prisma de concesión administrativa por 50 anos, para conquerir a súa amortización no tempo, dado o alto coste da súa construción, que se financiará día a día, mes a mes, ano a ano, a través da ocupación e aluguer de prazas de garaxe no parquing subterráneo; aluguer semanal, mensual, anual, e bianual, para os moradores Residentes do Casco Vello e veciños de Cangas. Á construción do TÚNEL, sen aparcadoiro, supoñería un costo NON asumible pola administración Local, (aprox. 8,37 millóns de euros) cando dado seu alto Custo, e coa Concesión administrativa por 50 anos de aparcadoiro, conquírese a súa construción, xestión e proxecto a custo CERO EUROS, para elo hai que crear prazas dabondo de aparcadoiro en réxime de explotación para a súa amortización.

 

Por iso, tamén, estou a organizar unhas conferencias que se impartirán por expertos, para que realicen e expoñan a necesidade de CREACIÓN E RECUPERACION deste GRANDE ESPAZO PARA A CIDADANÍA, e que corroborarán esta necesidade SOCIAL, ECONOMICA E SAUDABLE, baixo o prisma de SAÚDE  PÚBLICA. Conferenciantes que van a referendar esta idea do proxecto, realizando un coloquio ao fin de cada unha, os efectos de  esclarecer e transmitir a necesidade futura da realización e materialización deste proxecto, urxente e necesario, e que hoxe aínda se pode materializar, pois dende o 1996 hasta hoxe xa xurdiron novas edificacións en superficie, que dificultan o uso do subsolo.

 

Estamos a falar en torno aos 80/85.000 metros cadrados de espazo Humanizado, para o uso e desfrute DOS NENOS é da Cidadanía, a coste CERO EUROS, pois o INTERESE PÚBLICO E SOCIAL está garantido e sobradamente xustificado, polo que non se debería gravar a concesión administrativa por 50 anos, con un CANON desorbitado, precisamente tratar de facer dende a administración viable o Proxecto de construción do TÚNEL, en consecuencia non gravar as prazas en explotación, para facer viable a súa amortización, cantidade á que habería que sumarlle os custes salariais, mantemento do aparcadoiro, seguros, gastos financeiros, etc. En COMPENSACION DA CESION GRATUITA DO TUNEL.

 

Pois con este Canon se gravaría considerablemente os alugueres das prazas en explotación, e seguramente NON FACELO VIABLE, pois aínda que se fose algunha cantidade, esta debería ser puramente simbólica, 1 euro, por exemplo, precisamente para non encarecer as prazas, en compensación de ceder GRATUITAMENTE o TÚNEL (sistema de permuta) para a administración correspondente, e desa maneira conquerir a viabilidade económica do Proxecto Hoxe, amortizable no tempo, a 50 anos en réxime de concesión administrativa, que transcorrido ese prazo pasaría na súa integridade á administración correspondente para a súa explotación; é converterse nun parquing público con un coste baixo,  correspondente á auto-financiación dos gastos directos e indirectos de mantemento do aparcadoiro, seguro, persoal, etc, ou no seu defecto conceder unha prorroga da concesión administrativa a concesionaria, de acordo co establecido na lexislación vixente.

 

Penso, que para completar  “NOVE OLAS”, ademais do proxecto “GAVOTA” xa executado, onde se conqueríu o primeiro premio do Concurso convocado pola Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galicia , a recuperación da cuberta e cambio de carpintaría da praza de abastos, a Rehabilitación da Casa da Bola, a Casa de Apolinar (1º premio a Recuperación do Patrimonio Arquitectónico Concello de Cangas) e moitas obras mais no casco vello,, quedaría por materializar ese Anfiteatro flotante “ A Cuncha da Ribeira” un Anfiteatro Flotante, con una cuberta singular, A Cuncha de Vieira, que pola súa Morfogeometría, ideal como elemento acústico, que será un referente na dársena Canguesa, situado nun lugar estratéxico dentro do “Peirao”, Un referente na Ria e en Galiza, delo estou convencido que tamén que xerá un motor de riqueza si se xestiona correctamente, Xestión que dinamizara a hostalaría e o comercio do Casco Vello; todo isto conxuntamente coa recuperación do Patrimonio Histórico e Cultural de Cangas, A Praia da Ribeira, As Antigas Pontes do Señal, no Forte, na desembocadura do Rio Bouzós, tristemente hoxe tapadas, mais en bo estado de conservación e recuperación, (a documentación fotográfica “Historia en Imaxes” así o avala) conxuntamente coa súa piscina, na que de nenos nos bañábamos coa marea alta; Recuperación das escaleiras do antigo muelle pesqueiro, a visualización dos antigos muros de Eduardo Vicenti, os antigos muros do “Relleno”, que penso deben existir,  onde, de existir, se poden visualizar dende o aparcadoiro, ademais da recuperación de lugares singulares do Casco Vello, Espazos vinculados Historicamente ao Peirao, as prazas, as rúas, as fontes, como “a Fonte de San Leonardo” , a Rúa Faixa, a Subida ao Outeiro (orixe da Vila) e nas súas Rúas de comunicación, a Rúa do Arco, a Subida á Torre do Galo, e un longo etc. Patrimonio Cultural que dende hai moitos anos  estase a reclamar a súa recuperación, aínda que estamos a tempo, e de certo que será unha fonte importante de riqueza para toda a Vila e de dinamización para o Casco VELLO.

 

Penso que a esencia da humanización do peirao, non debe quedar aquí simplemente; ten, ou tería que ser, correspondido e completado coa RECUPERACION DO PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL QUE AÍNDA POSEEMOS NA NOSA VILA, e que foi, tristemente, por desgracia, destruído, é doado recuperalo. Velaí a recuperación da Capela do Hospital: un patrimonio recuperado con éxito, e como Cangués síntome satisfeito desta recuperación, pois é moi importante a visualización da memoria.

 

É un traballo de anos, de moitos anos, pero crendo, as cousas conséguense, e con só devolver as LEMBRANZAS Á MEMORIA, a esperanza e a ledicia non nos debe faltar, pois o pasado enriqueceunos, mirando sempre con claridade de cara ao Noso Futuro.

 

Creo neste proxecto, xa confiei fai 21 anos no outro, e transcorrido este tempo considéroo máis necesario e urxente, aínda que Hoxe moito mais ambicioso.

 

Hoxe, “NOVE OLAS “ segue vivo na miña mente e no meu Corazón Cangués, e se acaso máis necesario que naquel entónces, coa gravame do “Tempo”, pois hoxe OS NENOS atópanse amoreados nun pequeno parque infantil, sen espazo, con un Peirao cheo de coches, sen sitio para o paseo e para o lecer dos moradores de Cangas, cheo de barreiras arquitectónicas para os discapacitados nesa clara carencia de espazo, cheo de perigos, un espazo desordenado.

 

É certo que “NOVE OLAS” é aquela lenda da Virxe da Lanzada que procura a fecundación da muller, e a esperanza, por eso aínda segue viva esa esperanza que, tarde ou cedo, este proxecto será posíbel, se materializará, e cuestión de tempo. Eu creo firmemente nel, e sei que se pode materializar a custo CERO, hai que loitar por el; e capacidade e forza aínda teño, esperando non atoparme con atrancos dende as administracións estatal e autonómica e local.

 

É un proxecto de fecundación e de esperanza: un proxecto de futuro, un proxecto, motor da economía de Cangas; un proxecto de custo CERO para as diferentes administracións, local, autonómica e estatal, Para esto hai que dotalo de financiación para a súa materialización, por iso proponse construír, conxuntamente co TUNEL, un aparcadoiro soterrado, que sexa motor da súa financiación, e que a sua vez, dea resposta ás necesidades actuais das 876 Unidades Urbanas do Casco Vello, un  “NOVE OLAS”, con resposta ao cento por cento as demandas da cidadanía e dos Cangueses, e dende as administracións Sectoriais, pedirlle, facilitar a laboura para FACELO POSIBEL, estamos a falar de solo Publico.

 

Penso, que é unha tarefa moi difícil, seino, pero hai que crer, sen Fe non se chega a ningunha parte, e eu creo firmemente neste proxecto e a súa viabilidade, os estudos económicos feitos, así o avalan, que, como dixen antes, a custo CERO para as administracións publicas. Os soños fanse realidade, é este e realizable ao cento por cento, delo estou convencido, e o tempo será testemuña desta necesidade.

 

Para tal é precisa a explotación do Aparcadoiro por un período de 50 anos en réxime de concesión, de tal xeito que sexa viable facer a cuantiosa inversión de hoxe para rentabilizala no factor “Tempo”, contando evidentemente coa finanzamento Bancario de parte do custo da construción do TUNEL e aparcadoiro.

 

É así un proxecto ambicioso para Cangas,  transformador, real. E sobre todo, de futuro. Para tal é este Dossier que fixen, que quedará na memoria, no tempo, e os meus ollos, con saúde, verán este soño. O futuro da Nosa Vila pasa pola humanización para os seus moradores:, a transformación do Peirao en ESPAZOS  SALDABEIS E DE LECER  SEN COCHES, A Natureza foi creada para a Humanidade, para a muller e o home, e non para as cousas materiais ao uso da persoa como almacén; debemos telo sempre presente. Priorizar é O Noso Benestar.

 

Grazas a todas-os  os meus amigos e colaboradores, en especial as Empresas Canguesas que me escoitaron, e que fixeron, con seu apoio, posible o inicio desta nova aventura, os conferenciantes por apoiar esta inquedanza: as diferentes administracións, Local, Provincial, Autonómica, Portos de Galicia e Estatal, Costas do Estado, e en particular o Noso Alcalde de Cangas, D. Xose Manuel Pazos Varela, por crer dende o primeiro dia neste Proxecto Transformador, de Futuro, e a  moita xente por creer neste PROXECTO, así como  tamén os veciñas-os de Cangas;  por mostrar o seu apoio. Este Proxecto supoñerá un antes e un despois. A ver si nun futuro próximo podemos ver realizado este soño tan necesario para Cangas e para os Canguesas-es. O tempo será testigo da súa materialización.

 

Delo estou convencido, aínda que atrancos, e moitos, ei de atopar, delo son consciente.

 

Decía Leonardo Da Vinci (1.452-1.519):

“Hay tres clases de personas:

aquellas que ven,

aquellas que ven lo que se les muestra

y aquellas que no ven” 

Cangas a 8-12 de Outono de 2.017

Rafael Barreiro Rodal

Natural e veciño de Cangas

bottom of page